Silleda mellora o entorno da capela de San Brais

Rehabilitación
ARCA
Un operario traballando xunto a capela de San Brais, en Chapa. Foto: Concello de Silleda

SILLEDA. O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos para a posta en valor do fermoso entorno da capela de San Brais, na parroquia de Chapa. As accións, adxudicadas a A Citania Arqueoloxía, comezaron en días pasados ca limpeza do entorno da fonte. Esta actuación lévase a cabo novamente a través da liña de axudas da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural, desta vez cunha proposta para poñer en valor este enclave. Coñecido como o lugar de Virxe da Fonte, o manancial está situado aos pés da fachada da capela, nun fermoso entorno natural cunha pequena pontella sobre un regato, onde cada 3 de febreiro se celebra a festividade de San Brais. Con esta actuación, cun orzamento de 5.324 euros, dende o Concello de Silleda búscase dar a coñecer o valor cultural, histórico antropolóxico e etnográfico deste lugar onde ademais de facilitar o acceso se colocará un panel informativo. arca