Silleda recibe axuda para facer un plan fronte a seca

Seca
Claudina Estévez
Imaxe dunha das estradas silledenses. Foto: C. Silleda

Silleda. O Concello de Silleda vén de recibir a resolución pola que dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade se lle outorga unha subvención de 13.842,40 € para a redacción dun plan de emerxencia ante situación de seca.

Dende o departamento municipal de Medio Ambiente solicitouse esta axuda no pasado mes de xuño, a fin de proceder á redacción do documento, ao abeiro das axudas aprobadas en abril para os municipios galegos en réxime de concorrencia competitiva. A día de hoxe, unha vez recibida a confirmación da citada axuda, xa se está a tramitar o proceso para adxudicar a redacción do plan. Así as entidades locais responsables de sistemas de abastecemento poderán xestionar episodios deste tipo. c.e.