Silleda renovou unha das bombas do servizo de abastecemento de agua da vila

Substituíuse unha das dúas da estación de Taboada cun custo total de 10.000 euros
Abastecemento de auga
Claudina Estévez
Manuel Cuíña, alcalde de Silleda. Foto: C. Silleda

Silleda. O Concello de Silleda vén de mellorar o servizo de abastecemento municipal de augas coa substitución dunha das dúas bombas da estación de Taboada, xunto ao río Deza. Operarios do servizo municipal procederon á colocación da nova bomba, cun custe de 10.000 euros, coa que se mellorará a calidade no servizo. A estación de bombeo da captación de Taboada, que abastece á traída municipal na rede de Silleda, conta con dúas bombas que funcionan de forma alterna cando é preciso. O cambio produciuse debido á necesidade de mellorar polo desgaste dunha.

“Con este reemplazo continuamos mellorando a rede municipal de abastecemento, despois da ampliar nos últimos anos as captacións das

traídas municipais”, indica o alcalde, Manuel Cuíña. Esta actuación vén a complementar outras realizadas nos últimos anos como a ampliación da captación da traída da Bandeira para evitar os bombeos dende o río Toxa. “Ademais de contar con augas con maior calidade, ao evitar bombear dende o río, algo ao que se viña recurrindo en épocas de sequía, tamén conseguimos un notable aforro enerxético”, di o rexedor.

Tamén se acometeu unha ampliación da captación de Silleda nunha zona de monte en Siador co obxectivo de evitar tamén o bombeo. Así mesmo, o pasado ano tamén se levou a cabo outra importante actuación no servizo, coa eliminación do último tramo que quedaba de tubaxe de uralita, co que toda a rede actual é xa de PVC, lembra o goberno local. C.E.