Silleda solicita a Xunta que axilice a su inclusión no metropolitano

Transporte metropolitano
S. E.
Usuarias no transporte metropolitano

silleda. O Concello de Silleda reiterará ante a Xunta de Galicia a axilización nos trámites para incluir ao municipio na área de transporte metropolitano, ou área de transporte de Galicia, o que

permitirá aos veciños e veciñas do municipio acceder a distintos descontos na tarifa. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, lembra que Silleda quedou fóra desta área ata en dúas ocasións cando sí entraron outros concellos da comarca. “Sabemos que dende a Xunta se está a extender este esquema e pedimos que se axilice ao máximo posible para que os veciños e veciñas de Silleda e doutras localidades próximas poidan ter acceso a eses descontos”, engade o rexedor. Nas últimas semanas o Concello está está a recibir queixas por parte de persoas usuarias pola actualización das tarifas, con subas importantes do precio. s. e.