Silleda terá un plan para ser máis competitiva

Convenio
Claudina Estévez
Pola esquerda, Manuel Cuíña e David Regades. Foto: C. Silleda

SILLEDA. O Consorcio da Zona Franca porá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico para o termo municipal de Silleda, posto en relación coa comarca do Deza, que contribuirá a unha mellora da competitividade da devandita contorna. Neste senso, o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, asinou en Silleda un acordo co seu alcalde, Manuel Cuiña, para realizar un traballo de análise que permita mellorar a competitividade e impulsar actividades de impacto positivo no crecemento económico, a xeración de emprego e a sustentabilidade a longo prazo. O plan terá una duración máxima de 4 anos e terá a visión dos expertos e da economía da zona para recompilar opinións, percepcións e ideas de axentes e entidades público-privadas relevantes sobre a situación actual e os retos futuros. Tamén se estudarán casos de éxito, modelos similares no mundo, para traer eses exemplos que poidan inspirar. C.E.