Un programa para mellorar a saúde dos lalinenses

Saúde
María Rendueles
Paz Pérez, concelleira de Política Social de Lalín

Lalín. Onte arrincou o proxecto Voltar a sentirnos ben que o Concello de Lalín, a través de Política Social, desenvolve en colaboración coa entidade prestadora Educalecrín Sociedade Cooperativa Galega, e que conta cun total de 24 persoas usuarias.

Un programa que ten como obxectivo xeral mellorar a calidade de vida da veciñanza lalinense dun xeito significativo a través do coñecemento de diversas ferramentas a utilizar no día a día e que ofertarán unha mellora real na saúde emocional e física, explica a tenente alcalde, Paz Pérez, que participou no inicio deste programa de charlas informativas. O proxecto consta de cinco sesións ou charlas ata o venres, 26, de 16.30 a 19.30 hora, na biblioteca municipal. m. rendueles