A campaña do Nadal reparte 6.000 euros en Melide

Comercio local
ARCA
Cartel da campaña de Nadal de Asetem_CCA

Melide. A vixesimoterceira campaña de Nadal de Asetem-CCA, Este ano toca en Melide, repartirá 6.000 euros en premios. O día un de decembro comezou a iniciativa que cada Nadal a entidade empresarial celebra nos comercios asociados da comarca.

Este ano participarán oitenta establecementos, o que amosa a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano e que dende Asetem esperan que se traslade tamén á clientela.

“Confiamos en que a poboación volva apostar polos establecementos de proximidade para facer as súas compras de Nadal, porque non é necesario moverse de Melide para atopar agasallos”, din.

O principal obxectivo da campaña é o fomento e impulso das compras nos comercios melidenses premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales de compra para gastar nestes mesmos establecementos. Así, as tendas obsequiarán á súa clientela con rifas ao realizar compras de calquera importe entre o 1 de decembro e o 14 de xaneiro.

Ese mesmo día, celebrarase no centro sociocultural Mingos de Pita o sorteo para repartir os premios: un de 2.000 euros, dous de 1.000 e catro de 500. Ademais, entre os asistentes sortearase un bono para unha viaxe. arca