A empresa de Touro Patrimonea formará parte do club Galicia destino sostible

Turismo
C.G.
Fervenza do Salto das Pombas, en Touro. Foto: queverengalicia.com

Touro. A empresa de Touro Patrimonea acaba de ser seleccionada polo clúster de Turismo de Galicia para formar parte do club Galicia destino sostible, segundo informan dende a entidade. Este club é unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia que pretende pór en valor a oferta turística autonómica que contribúe a un crecemento sostible do destino Galicia.

Entre os requisitos que se tiveron en conta para adherir a Patrimonea a este selo figuran o desenvolvemento de actividades de responsabilidade social corporativa con impacto positivo no territorio local, a compatibilidade coa estratexia de turismo sostible ou a elaboración de experiencias turísticas baseadas en elementos propios da identidade local. En relación con este último criterio cabe recordar que Patrimonea sacou o pasado inverno o primeiro paquete turístico centrado no Ulla, e consolidou propostas relacionadas co sendeirismo con base en Touro. C.G.