Adxudican 2.100 m2 de solo industrial a Touro

Suelo industrial
ARCA
El alcalde, 1º derecha, en la recepción del polígono industrial de Touro

touro. A Xunta de Galicia adxudicou un total de 2.122 metros cadrados de solo industrial no polígono de Touro, cunha bonificación global de 26.397 euros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo este mesmo ano. No polígono de Touro adquiríronse tres parcelas das 22 adxudicadas no concurso -localizadas en sete parques empresariais de titularidade do IGVS- que suman unha superficie de 26.547 m2 . Os empresarios, aos que lles foi adxudicado esta superficie, beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación sobre o prezo de venda. Segundo explican desde o departamento autonómico, no seu conxunto, este solo foi adxudicado por un importe total de 731.179 euros, tras aplicarlle un desconto que ascende a 665.000 euros. arca