Alertan das escorrentías e o xeo na zona de Ordes

Meteorología
C.G.
Lavadoiro do Piñeiro, que provocou placas de xeo. Foto: BNG

ORDES. O Bloque de Ordes prega precaución á veciñanza, especialmente cando se circule polas inmediacións dos lavadoiros e fontes, debido ao risco de escorregamento pola formación de placas de xeo. En concreto, exemplifican co lavadoiro do Piñeiro (estrada entre A Gorita e O Piñeiro), “onde as sobrantes verten directamente sobre a vía pública, o que derivou na formación dunha placa de xeo”. Por elo, esixen do executivo popular que abra e limpe as cunetas existentes nas inmediacións desa zona e doutras e que esparexe máis sal na vía. c. g.