Alzan a voz os apicultores en favor do mel de Galicia

Apicultura
Claudina Estévez
Erica Mel é a segunda mellor mel dos supermercados españois segundo a OCU. Foto: Pexels

Arzúa. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) e a Cooperativa Erica Mel, ambas con sede en Arzúa, están a traballar na “manifestación de intereses” convocada pola Consellería do Medio Rural para facer propostas necesarias para desenvolver a apicultura en Galicia utilizando fondos da Unión Europea.

Pola súa banda, AGA, solicita, ante a alta demanda de enxames, criadeiros de abellas seleccionadas. Tamén consideran “imprescindible” que Galicia conte cun “laboratorio de referencia que certifique mediante análises laboratoriais a calidade dos nosos meles e descubra os posibles fraudes”, sinalan. Por outro lado, Erica Mel manifesta como máxima aspiración “que todos os meles de Galicia con IXP vaian ao mercado europeo envasados con toda a súa plena calidade e non como acontece na actualidade, onde o valor engadido o levan outras factorías industriais meleiras”. Asemade aspiran a un envase exclusivo para mel de Galicia IXP e tamén á venda online en toda a UE. Por certo que a de Erica Mel foi escollida pola OCU como a segunda mellor á venda nos supermercados españois. C.E.