Animan ao executivo ordense a que controle o aluvión de verteduras de lixo

Vertidos
C.G.
Un dos puntos de vertido localizados polo BNG. Foto: BNG

ordes. O BNG de Ordes volve a pedir que a administración local, encabezada polo popular José Luis Martínez, teña a ben aumentar o control das verteduras no medio rural, despois de atopar varios puntos cheos de lixo neste municipio.

“Por desgraza, a pouca sensibilidade medioambiental de algúns e/ou algunhas, pónse de manifesto, por enésima vez no Concello de Ordes, en forma de vertedoiros incontrolados”, apuntan desde a formación nacionalista. Entre o atopado, informan de refugallos de obra, acumulación de latas, electrodomésticos, roupa, vidros ou pneumáticos, todos eles tirados no medio natural e que supoñen todos eles, “en maior ou menor medida, un atentado ó medioambiente e un risco para a saúde” de todos. Ao fío, hay que poñer sobre a mesa que foi nun pleno deste mesmo ano cando o Bloque defendeu unha iniciativa tras atopar un total de trece vertedoiros incontrolados, polo que “solicitámoslle ó goberno municipal que procedese á correcta xestión destes residuos”, apuntan os frentistas.

Non é, ademais, a primeira vez que aparece neste concello lixo abandoado, se ben o volume e a cantidade de puntos atopados, e que fixo público a oposición, propiciou que o tema rematase na sesión plenaria mediante un rogo no que incluso se facilitaron as coordenadas precisas para evitar escusas e que se retirasen. CG