Apoio para recuperar a coñecida como Casa
do Peregrino en Arzúa

Rehabilitación
ARCA
Peregrinos percorrendo o tramo do Camiño desde Arzúa a Pedrouzo. Foto: G.

Arzúa. A Deputación da Coruña inviste, a través do Plan Único, 75.002,85 euros para financiar o proxecto de reparación e mantemento da coñecida como Casa do Peregrino, situada no lugar de Río Vello no concello de Arzúa. A actuación ten o obxectivo de recuperala para volver a poñela en uso tras anos de abandono, dándolle un fin socio-cultural ligado ao Camiño de Santiago e evitando así que continúe o seu deterioro. Os traballos que se levarán a cabo consisten, fundamentalmente, na reparación de cubertas, carpinterías exteriores e interiores, acabado de interiores, pintado e instalación dunha rampla de acceso para facer accesible o local. O Plan Único mobiliza 283.490,60 euros no concello de Arzúa para financiar, ademais desta reforma, outras tres obras no municipio relacionadas coa mellora da seguridade viaria. arca