e cunetas en Andeade

Infraestructuras
El Correo Gallego
Persoal do Concello reparando o interior do núcleo de Andeade. Foto: C. Touro

TOURO. O Concello de Touro está a reparar o interior do núcleo de poboación de Andeade. Durante as últimas semanas varios traballadores do Concello arranxaron as beirarrúas e cunetas desta aldea. Segundo sinalan dende o goberno local, a Administración da vila “aproveitou os meses de verán e o bo tempo para acondicionar o interior deste núcleo de poboación”. Ditas actuacións, que contan co apoio da Deputación da Coruña, pretenden mellorar a vida diaria de veciños e veciñas dos pequenos núcleos de poboación repartidos polo municipio. Os traballos, que se desenvolven e programan cada ano, centráronse “na mellora das infraestruturas viarias, nos accesos e no interior das aldeas”. Sen dúbida, unhas actuación moi necesarias para os veciños do rural e que tamén axudan a conservar as aldeas para convidar aos mozos a establecer nelas as súas futuras residencias. Un obxecticvo que perseguen a maioría de pequenos concellos. A.P