Arranxaranse as estradas de Trazo afectadas pola ponte do rego Gatofero

Obras
Claudina Estévez
Valentín González e Fina Suárez durante a firma do convenio. Foto: Deputación da Coruña

TRAZO. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e a alcaldesa do Concello de Trazo, Fina Suárez, asinaron un novo convenio para financiar a reparación das estradas municipais afectadas polos desvíos de tráfico durante as obras DP-7804 para construír unha ponte sobre o rego Gatofero. A través deste acordo, a Deputación actualiza de 142.721 a 164.306 euros o investimento necesario para cubrir a reparación das vías do municipio afectadas polos desvíos de tráfico pesado durante a execución das obras de construción da nova ponte sobre o rego Gatofero na DP-7804. As actuacións levaranse a cabo en dous tramos. O primeiro deles vai de Ponte Albar a Chaián (2,4 quilómetros), un itinerario no que se repararán fochancas e afundimentos ocasionados polo incremento do volume de tráfico neste vial. C.E.