Arzúa apela á implicación masculina para acabar coa violencia machista

Violencia machista
Claudina Estévez
Un dos personaxes da campaña. Foto: C.A.

ARZÚA. No marco do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Arzúa, a través do CIM da vila, pon en marcha a campaña Os mellores homes que podemos ser, dirixida á poboación adolescente e adulta, e especialmente aos homes e ao seu papel na loita contra as violencias machistas. Dita campaña “apela á imprescindible concienciación e implicación dos homes, fomentando a construción de masculinidades que avoguen por eliminar calquera forma de discriminación e violencia contra as mulleres no seu entorno e na sociedade”, indica o Concello. Para concienciar xogan cos reels nas redes sociais, que están protagonizados por diferentes personaxes masculinos que rachan coas cadeas de imaxes non consentidas ou que promoven as relacións saudables e non controladoras. C.E.