Arzúa celebrará o Día da Infancia cos escolares

Infancia
María Rendueles
Un dos espectáculos cos que Arzúa conmemora o Día da Infancia

Arzúa. O departamento de Cultura do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día da Infancia con varias actividades culturais para o desfrute dos escolares arzuáns. Os nenos e nenas dos centros educativos do municipio poderán desfrutar ao longo desta semana de actuacións musicais e teatrais organizadas pola administración local e que se realizarán en horario lectivo.

A primeira foi onte luns, día 15, para os alumnos de Educación Infantil, que puideron gozar dunha actuación musical a cargo de Lidya Botana e o seu espectáculo De aquí para alá sobre o libro-disco do mesmo nome publicado no ano 2015 pola editorial Cumio. maría rendueles