Arzúa organiza o 11 e 14 un curso de defensa persoal para mulleres

Violencia de xénero
Claudina Estévez
Casa do concello de Arzúa. Foto: alberguescaminosantiago

Arzúa. O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa organiza en torno á conmemoración do 25 de novembro un curso de defensa persoal dirixido ás mulleres do municipio. Terá lugar o venres 11 e o luns 14 de novembro en horario de 16.30 a 20.30 horas na aula 4 do edificio multiusos Terra do Queixo. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello, chamando ao 981 501 101 ou no formulario online ata o día 10.

Esta actividade realízase no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que o Concello de Arzúa forma parte. É un curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. O fin é a prevención de calquera caso de violencia de xénero. C.E.