Arzúa prepara un día do comercio moi cargado de actividades e descontos

Comercio local
Claudina Estévez
Imaxe do Día do Comercio Local en 2019. Foto: C.A.

ARZÚA. O Concello de Arzúa continúa coa organización do Día do Comercio Local, que se celebrará o xoves 8 de decembro. Unha vez confirmada a participación de vinte e oito establecementos, o Concello deu a coñecer o programa de actividades deseñado para esta xornada. Durante a tarde haberá diferentes inchables para público infantil na Praza de Galiza en horario de 16.00 a 20.00 horas. No mesmo horario e no mesmo lugar contarase como novidade coa Ruleta dos Agasallos, na que se repartirán mil premios. Ademais, a partir das seis da tarde desfrutarase coa actuación itinerante da charanga Santa Compaña, que rematará o seu pase ás sete e media na praza, coincidindo co lanzamento de neve artificial programado como fin de festa. Paralelamente, durante todo o día, os comercios inscritos ofrecerán importantes descontos. C.E.