Arzúa propón música, teatro, maxia e circo na programación do Nadal da nova normalidade

Fiesta
El Correo Gallego
Cabalgata de Reis en Arzúa do ano pasado

Arzúa. Aínda quedan dous meses para o Nadal, pero o Concello de Arzúa leva xa varias semanas traballando no deseño da programación das festas co obxectivo de ofrecer actividades “seguras e dirixidas a todos os públicos, aínda que especialmente ao infantil e familiar durante os meses de decembro e comezos de xaneiro”, sinalan fontes municipais.

Dende o Concello adiantan que non faltarán os espectáculos de música, teatro, maxia e circo cumprindo todos os protocolos vixentes.

Asemade, lembran que seguirán apoiando a artistas locais a través de varias actuacións e con dúas exposicións na Capela da Madanela que visibilizarán proxectos e a obra de dous veciños. Non se esquecen tampouco de axudar ao tecido comercial e hostaleiro con estas propostas, polo que durante as festas contarase con animación polas rúas da vila, como a Ruada do Apalpador, música itinerante e a celebración dunha nova edición do Día do Comercio Local. Tamén se abordou a realización da cabalgata. Ao non poder celebrarse como tal, o goberno local porá en marcha unha gala, para a que haberá que inscribirse, e na que estarán os Reis Magos. A. P.