Asetem pon en marcha a Semanas das Cores para dinamizar o comercio

Comercio local
S. E.
A xerente de Asetem, Pilar López, á dereita, nun comercio asociado. Foto: Asetem

melide. A patronal Asetem-CCA de Melide lanza a nova campaña para dinamizar o comercio local: a Semana das Cores. Durará tres semanas e cada unha terá asignada unha das cores do logotipo. A primeira será a laranxa, do 6 ao 12 de xuño, e nela a clientela recibirá con cada compra unha caixa da sorte, con lambetadas ou cun vale de compra de 20 euros para gastar no comercio antes do 26 de xuño. A semana branca (do 13 ao 19) xirará ao redor da noite aberta, o venres 17. Ese día as tendas estarán abertas ata as 23.00 horas e ofrecerán descontos e promocións. Cos tiques farase un sorteo de 5 vales de 100 €. Na semana verde, do 20 ao 26, cada tique cun importe igual ou superior a 50 € poderase cambiar por unha degustación de xeados artesanais o luns 27 en Borboriño Xeados ou de chocolates o día 28 na Churrería O Burato. s. e.