Atopan un cadáver na localidade ordense da Calle

Cadáver
C.G.
Localidade de A Calle, na parroquia ordense de Poulo, onde atoparon o corpo. Foto: GM

O 112 Galicia informa da aparición dun cadáver na Calle, localidade da parroquia ordense Poulo, este mércores, sobre as 11.00 horas. Foron os propios veciños da zona quenes deron conta ao 112 Galicia da localización do corpo dunha persoa de avanzada idade nunha leira. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Policía Local e da Garda Civil, pero todo parace indicar que o óbito debeuse a causas naturais.