Bama reviviu o domingo de Corredor coa batalla dos Xenerais da Ulla

Entroido
Redacción
Os Xenerais do Ulla na súa batalla de Bama. Foto: C. T.

TOURO. Os Xenerais da Ulla de Bama, no concello de Touro, protagonizaron no campo da festa a batalla dialéctica do domingo de Corredor. É a primeira cita do Entroido de Touro. Durante os anos 2021 e 2022 non se celebrou nesta parroquia a causa da pandemia. Tras Bama, en 2023 seguirán os xenerais da parroquia de Fao, o martes de Carnaval, e o desfile dos xenerais de Fonte Díaz, o día 5 de marzo, na Feira do Entroido. A tradicional loita dialéctica prodúxose nun asollado día de Entroio. Veciños e visitantes achegáronse para desfrutar da loita verbal. A política nacional e internacional centrou un ano máis a loita dialéctica dos Xenerais da Ulla de Bama, que foi seguida por centos de curiosos que desafiaron ó frío. Foron batallas verbais cheas de referencias políticas sobre a máis candente actualidade: “Muertos sí que hubo/ en las guerras de tu partido/ entre lo de Ayuso y Casado/ cientos de bajas por fuego amigo”, apuntou un xeneral. E o outro replicou: “Eso son cosas del pasado/ y ahora Feijóo es el mandatario/ será el bombero de una España/ que está cansada de incendiarios”. Y continuaron: “España está en crecimiento/ con los progresistas al timón/ tan solo es la guerra en Ucrania/ la que explica la inflación”. redacción