Celebrase o Encontro de Mulleres Maiores de Touro, Vedra e Boqueixón

Encuentro
ARCA
Casada cultura de Touro

TOURO. O Concello de Touro acolle o desenvolvemento nesta xornada de venres do I Encontro Mulleres Maiores, unha iniactiva impulsada polos concellos de Touro, Boqueixón e Vedra. Este encontro, no que participarán mulleres maiores dos tres municipios coruñeses, terá lugar na casa da cultura de Fonte Díaz, capital do concello de Touro, a partir das 11.30 horas. Segundo explican desde a organización, está prevista a celebración dunha mesa redonda, con intercambio de experiencias e reflexións sobre as inquedanzas das mulleres maiores. A actividade enmárcase na semana do 8M, e ademáis de Touro, Vedra e Boqueixón, a actividade tamén conta co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade e do Ministerio de Igualdad. Indicar que neste I Encontro Mulleres Maiores tamén participa Anacos Proxectos Socioeducativos. arca