Coidados porta a porta chega de novo a Trazo

Coidados
Claudina Estévez
Cartel que anuncia Coidados porta a porta. Foto: C.T.

Trazo. O autobús do progama da Xunta Coidados porta a porta chegará de novo a Trazo os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro. Dende o Concello lembran que estará estacionado diante do pavillón municipal en horario de 09.00 a 20.00 horas. Os veciños maiores de 55 anos poderán beneficiarse de forma gratuíta de revisións e valoracións auditivas, atención podolóxica e de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención do alzhéimer. Hai que pedir cita preciamente no teléfono 622 748 283 ou no 623 546 992. C.E.