Congreso escolar do IES ordense Maruxa Mallo o luns na Cidade da Cultura

Igualdade de xénero
O.D. Vilar
Unha anterior inauguración do Congreso pola Igualdade do Instituto Maruxa Mallo de Ordes. Foto: XG

Ames. O Instituto Maruxa Mallo de Ordes leva dende 2012 poñendo en marcha programas de promoción da igualdade de xénero entre a comunidade educativa, e agora, o vindeiro luns 7 de marzo, dará ao salto á Cidade da Cultura co seu quinto Congreso Escolar polas Igualdades, en horario sempre de mañá. Incluirá inauguración a cargo das autoridades (están invitadas a ministra de Igualdad, secretaria xeral de Igualdade, membros da Deputación e da Corporación) con relatorios sobre diferentes cuestións relativas á esta temática, representación dramatizada sobre a opresión da muller e performances. Entregarase ademais o premio que da nome ao IES e agasallos ás persoas gañadoras do Concurso de Microrrelatos 25N. Tamén visualizarase o vídeo da performance que tivo lugar no Centro o 25N e entregaranse diplomas. O.D.V.