Construirán en menos de catro meses a senda orosá de Baxoia a Bouzalonga

senda peonil
O.D. Vilar
O alcalde Luis Rey, segundo pola dereita, durante o comezo das obras da senda peonil. foto: CDO

Oroso. O alcalde de Oroso, Luis Rey, supervisou o comezo das obras de construción da senda peonil de Baxoia a Bouzalonga (Deixebre), que abarca un treito de 760 metros de lonxitude e que eleva por enriba dos 14 quilómetros o percorrido peonil que suman en total as 13 sendas

existentes no municipio.

A empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones é a encargada de acometer a construción desta senda peonil, cuxos traballos dispoñen dun prazo de execución de catro meses e suporán un investimento de 141.500 euros. Durante a visita ás obras, o rexedor local indicou que este novo itinerario peonil de 760 metros entre Baxoia e Bouzalonga verase interrompido baixo a ponte da autoestrada debido a que non autorizaron a súa execución nese pequeno treito.

Luis Rey salienta que coa construción desta senda peonil o Concello de Oroso pasará a contar cun total de 13 sendas para as persoas, que suman máis de 14 km. O.D.V.