Continúa neste mes o curso de cestería na vila tourense con 18 veciños

Tradición
Claudina Estévez
Imaxe do alumnado que está a participar no obradoiro de cestería tradicional. Foto: C.T.

TOURO. Un total de 18 veciños e veciñas do municipio de Touro están a aprender a técnica da cestería tradicional para recuperar a tradición dos vellos oficios. Dita formación están a recibila a través dun obradoiro organizado un ano máis polo Concello de Touro, coa finalidade de recuperar os vellos oficios e a tradición de facer cestos nas casas. Organizouse os sábados de outubro e continuará nos de novembro. Dito curso conta con moita demanda entre a veciñanza e está impartido por un mestre cesteiro do concello de Rois. Os participantes, para a elaboración dos cestos, utilizan materiais naturais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa, que trata de recuperar as vellas tradicións artesanais, comezou a súa andaina no concello de Touro fai arredor de dez anos. Actualmente segue en marcha e con gran éxito. C.E.