Critican a decisión de aprazar o pleno de Trazo

Pleno Concello
ARCA
Os concelleiros no pleno de Trazo que foi aprazado

Trazo. O PSOE de Trazo critica a decisión da alcaldesa de Trazo de aprazar “sen ningún tipo de xustificación” a sesión plenaria ordinaria convocada para o venres 1 de outubro. Unha sesión correspondente ao pleno ordinario de setembro “e que debe celebrarse o derradeiro venres dos meses impares, se ben a alcaldesa dispón da posibilidade de adiantala ou atrasala unha semana”, sinalan os socialistas.

Explican que esto foi o que pasou desta vez, que a alcaldesa decidiu aprazar a sesión do 24 de setembro ao 1 de outubro polos prazos da conta xeral. Pero desde o PSOE considerase que o aprazamento do venres, “ademais de non estar contemplado nas normas, non foi nin sequera xustificado aos grupos da oposición. “É unha vergoña. Os concelleiros non vivimos da política e temos que adaptar as nosas vidas para cumprir coas nosas obrigas”, dín. arca