Dous roteiros parar coñecer os pazos, fervenzas e corredoiras de Touro

Roteiro
ARCA
Participantes dun roteiro de Patrimonea no Pazo de Andeade

Touro. A empresa local Patrimonea segue co programa de roteiros guiados polo concello de Touro. O itinerario, de deseño propio, denominado Entre pazos, fervenzas e corredoiras está sendo un atractivo para os sendeiristas de toda Galicia que buscan unha alternativa de ocio baseada no disfrute da natureza e o patrimonio. O inicio da ruta sitúase a escasos 20 minutos de Santiago de Compostela.

Para o mes de outubro teñen programadas dúas rutas os días 3 e 10. Os principais puntos de interese serán as zonas de bosque autóctono, tres fervenzas, as antigas corredoiras e unha visita final ao Pazo de Andeade. Todo isto acompañado de explicacións acerca da historia e a cultura local, un selo de identidade de Patrimonea. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico patrimoneaulla@gmail.com ou por WhatsApp no teléfono 699 680217. Tamén poderáse coñecer toda a información na páxina web. arca