EFA Piñeiral leva 50 anos formando ao alumnado co sistema da alternancia

Educación
C.G.
Alumnado do ciclo de educación infantil. Foto: EFA Piñeiral

Arzúa. O centro de formación profesional EFA Piñeiral, con sede en Arzúa, leva 50 anos empregando nas suas aulas o chamado sistema da alternancia. Segundo sinalan dende o centro, trátase dunha metodoloxía encamiñada a formar e cualificar profesionalmente ao alumnado para que acade a inserción laboral no seu entorno, e dá resposta ás necesidades do territorio. A alternancia propicia que o alumnado se familiarice coa súa realidade profesional dende o inicio da formación, tome consciencia das necesidades dos diferentes sectores laborais e dos requerimentos das empresas para a incorporación de técnicos.

Este modelo educativo, aclaran, favorece que os estudantes descubran e valoren os recursos do seu entorno e a súa potencialidade como elementos de promoción do mesmo.

EFA Piñeiral non para de crecer e por iso as aulas se enriquecen con novos ciclos. En concreto as novidades neste 2022 son os ciclos superiores de documentación sanitaria e integración social. Ambos súmanse aos superiores xa autorizados anteriormente: márketing e publicidade, educación infantil, comercio internacional e xestión de vendas e espazos comerciais. A oferta de ciclos concertados está formada polos medios de panadaría, repostaría e confeitaría; actividades comerciais e auxiliar de enfermaría; e os superiores de marketing e publicidade e educación infantil. Os alumnos participan nunha estadía por trimestre, tertulias ou obradoiros. C.G.