Efa Piñeiral participará na Festa do Melindre e o alumnado fará un showcooking no seu stand

Festa
ARCA
Stand de Efa Piñeiral na Festa do Melindre de 2019. Foto: Efa Piñeiral

Melide. Unha edición máis o centro de formación profesional de Arzúa, Efa Piñeiral, acudirá á Festa do Melindre de Melide. Un evento, no que o alumnado do ciclo de formación profesional da área de industrias alimentarias serán os encargados de liderar a actividade que se realice no stand da Efa Piñeiral durante a mañá do domingo e de executar as elaboracións dun showcooking.

O centro arzúan protagonizará xunto coa Efa A Cancela das Neves e o CIFP Vilamarín de Ourense a Demostración Doce o xoves 5. O showcooking consiste na demostración e degustación das elaboracións de sobremesas propias, elaboradas polo alumnado dos tres centros.

Nesta degustación, Efa Piñeiral propoñerá Timbal de rico, chocolate e limón e unha Tatin de mazá con crumble de rico. O timbal é unha aposta de alta repostaría mentras tatin é unha proposta inspiracional, facilmente incorporable a calquer proposta de restauración.

O stand da Efa Piñeiral acollerá o domingo pola mañá a exhibición de sobremesas feitas polos alumnos do ciclo que pretenden ser unha homenaxe á versatilidade dos melindres, ricos e amendoados. arca