Eliminan un punto de vertido na parroquia de San Pedro de Benza

Vertido
ARCA
Imaxe da casa consistorial de Trazo

TRAZO. A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas sen depurar na parroquia de San Pedro de Benza, no lugar da Brea, no municipio de Trazo. Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia. Os inspectores desprazados á zona identificaron a orixe do vertido nunhas fisuras existentes na condución de entrada de auga bruta a unha depuradora municipal. Augas notificoulle a situación ao Concello para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante. Nunha nova inspección, os técnicos da Xunta verificaron que as actuacións realizadas na zona, coa substitución da tubaxe de formigón por unha condución de PVC das augas residuais urbanas, permitiron o cese do foco. arca