Eliminan un punto de vertido nunha área recreativa de Oroso

Vertido
ARCA
Urbanización Porto Avieira, donde localizouse a rotura

Oroso. A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais nas inmediacións da área recreativa de pescadores do concello de Oroso. As actuacións iniciáronse no transcurso da inspección levada a cabo por parte dos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, tras a notificación desde o Servizo de Emerxencias do 112 dun vertido que afectaba ao río

Tambre ao seu paso polo municipio coruñés.

Na visita localizouse a orixe da afección denunciada nunha rotura na tubaxe de impulsión da estación de bombeo de augas residuais municipal, situada na urbanización de Porto Avieira. A rotura causaba un vertido por infiltración no terreo que, por escorrega, chegaba á marxe dereita do río Tambre. arca