Excursión para os membros do centro social de Melide

Excursións
Claudina Estévez
Cartel da excursión. Foto: C.M.

MELIDE. O Concello de Melide informa de que organizará, a través da concellería de Política Social, Igualdade e Saúde, unha excursión para os membros do centro social o vindeiro día 24 deste mes. A saída será á cidade da Coruña e durante a xornada está previsto parar a bailar no Centro Cívico de Eirís. A excursión é de balde, pero o xantar non entra. Dende o goberno local informan de que se reservará para comer todos xuntos e que se pagará no propio restaurante. Os interesados en participar deben inscribirse no centro social (teléfono 981 505 706). Por certo que o goberno local indica que queda pouco para que finalicen as obras de aglomerado en quente en varias parroquias. C.E.