Éxito da andaina a favor da loita contra o cancro de médula en Oroso

Acción solidaria
ARCA
Decenas de cidadáns de todas as idades sumáronse a andaina solidaria. Foto: C. O.

OROSO. Máis dun cento de persoas participaron onte na andaina solidaria organizada polo Concello de Oroso xunto coa asociación Asotrame e o Club Hockey Oroso co fin de recaudar fondos para loitar contra o cancro de médula. Os participantes fixeron un percorrido de cinco quilómetros, saíndo desde a praza do Concello de Oroso. Asotrame colabora co proxecto Adianthe, do servizo de Hematoloxía do CHUS, que pretende conseguir mediante unha aplicación de Intelixencia Artificial tratamentos máis personalizados e que consigan maiores beneficios para os doentes. “Unha vez máis, Oroso demostrou ser un concello solidario con este tipo de iniciativas, tan necesarias para axudar a organizacións como Asotrame”, afirmou Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso. Ademais houbo sorteos de vales de compra. arca