Falece aos 103 anos de idade Carmen Iglesias Castro, de Prevediños

Obituario
El Correo Gallego

Touro. Touro queda este ano 2020 sen unha das súas veciñas de máis idade. Carmen Iglesias Castro, que naceu na parroquia de Prevediños, falecía onte aos 103 anos de idade. O seu corpo trasladarase hoxe dende o tanatorio de San Juan (Touro) ás 12.00 horas, ata a igrexa e o cemiterio paroquial de Santiago de Prevediños, lugar no que será enterrada. Segundo fontes do Concello, Carmen vivía en Santiago dende os 25 anos e faleceu por causas naturais. A pesar da súa idade, defendíase perfectamente sola.

Os seus familiares informan de que non desexan recibir ningún tipo de duelo nin flores. Carmen Iglesias era viúva de José María Villas e tivo seis fillos: Enrique, Manolo, Dulcina, Jose, Purificación e Victoria. Estas dúas últimas, xa falecidas. Deixa tamén dous irmáns: Dolores e Emilio Iglesias Castro. Un dos fillos e un dos netos exerceron como concelleiros na Corporación de Touro. C.G.