Feira orosá ca Primavera no Camiño Inglés en xuño

Camino inglés
M. Outeiro
Participantes nun taller nunha anterior edición da feira Primavera no Camiño Inglés. Foto: ACCI

Oroso. Oroso é outro dos concellos que camiñan cara a nova normalidade programando, para o próximo sábado 4 de xuño na Alameda de Góis de Sigüeiro, a feira Primavera no Camiño Inglés, en horario de 11 da mañá ata as 20.00 horas.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés e a Deputación, busca poñer en valor os numerosos atractivos que presenta o Camiño Inglés a nivel patrimonial, cultural, paisaxístico e gastronómico a través de exposicións, talleres, showcookings, música e outras actividades. Anteriormente celebrouse noutros municipios como Betanzos, Pontedeume ou Ferrol, e nesta edición Oroso será o concello anfitrión. A entrada, actividades e os obradoiros para nenos seránde balde.

Destacar, do mesmo xeito, que o rexedor Luis Rey desexoulle o mellor ao traballador Jesús Fuentes da brigada de Obras que se xubila, e ao interventor, Félix Carrasco, que vai pra Ribeira. M.O.