Un dos pequenos faleceu debido á inanición e ao frío // As cadelas que lograron sobrevivir están a salvo nunha casa de acollida // Xa hai unha trintena de persoas interesadas en adoptalas // Foron rescatados en Chaián, Trazo TEXTO Alba Prada Final feliz para dous dos cachorros que atoparon dentro dunha bolsa do lixo
A pasada semana informábamos dunha noticia que espertou o lado máis humano de todos os lectores e lectoras e, especialmente, de todos os amantes dos animais, que non quedaron calados ante un novo caso de crueldade animal. Tres rapaces (Daniel, Alicia e Luana) descubrían o pasado sábado, día 17, en Chaián, Trazo, unha bolsa do lixo, tirada no medio do monte, que contiña tres cans recén nacidos. O suceso conmocionou a todos cantos se fixeron eco da nova, de tal forma, que a través das redes sociais deste xornal, foron moitos os que amosaron a súa preocupación polo estado actual dos pequenos. Unha inquietude que unha servidora tamén compartía.