Finaliza en Arzúa Coñece o teu país

Excursións
Claudina Estévez
Imaxe dunha das saídas deste verán. Foto: Concello de Arzúa

ARZÚA. Rematou a edición 2022 do programa de excursións Coñece o teu país do Concello de Arzúa e fíxoo cunha visita a Ribadavia. Este ano ofertáronse de balde máis de 400 prazas repartidas entre as viaxes a Ribadavia, Bueu, Sober e Ferrol. Para ano está prevista unha nova convocatoria. C.E.