Frades axuda á hostalaría con mil euros por solicitante

Hostalaría
Claudina Estévez
O Concello de Frades incrementa as axudas que a hostalaría recibirá da Xunta. Foto: Pexels

Frades. O Concello de Frades asinará un convenio de colaboración coa Xunta mediante o cal transferirá 10.000 euros ao Fondo Solidario do Segundo Plan de Rescate da Administración autonómica. Son 10.000 euros cos que o Concello complementará as subvencións aos hostaleiros do municipio, a razón de 1.000 € por establecemento solicitante. “Isto quere dicir que cada hostaleiro de Frades, ademais de recibir a axuda que lle corresponda da Xunta de Galicia, terá 1.000 euros máis procedentes dos orzamentos municipais”, explica o alcalde, Roberto Rey. De feito, “con este convenio evitaremos máis burocracias xa que non terán que facer ningún trámite máis para recibir estes 1.000 €”. C.E.