Frades instalou unha mesa sobre o 8M na feira de Ponte Carreira

Igualdade
ARCA
Mesa informativa sobre o 8M instalada na feira

FRADES. A feira de Ponte Carreira acolleu a instalación dunha mesa informativa do Concello de Frades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo a lenda No amor, non todo vale, a concelleira da Muller e Igualdade, Ángeles Álvarez Carro, acompañada dos concelleiros de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, e Xuventude, Juan Carlos Portos Bra, puxeron en marcha esta iniciativa coa que “queremos achegar información e asesoramento para promover a igualdade e previr a violencia contra as mulleres”, sinalou Álvarez Carro. As próximas citas serán o venres 4 de marzo na Feira de Abellá e o 12 de marzo en Ponte Carreira. Todas as persoas que se acheguen por esta mesa informativa recibirán material e asesoramento en materia de igualdade. Por outra banda, a feira acolleu a presentación do novo punto limpo móbil. arca