Frades oponse a que se instalen parques eólicos e liñas na súa contorna

Energía eólica
ARCA
Un momento da reunión no Concello de Curtis

frades. Curtis acolleu unha reunión dos alcaldes de Abegondo, Aranga, Boimorto, Frades, Oza-Cesuras, Mesía, Sobrado, Vilasantar e Curtis na que subscribiron un escrito no que apoian “o rexeitamento que están a ter os parques eólicos e liñas de evacuación que se proxectan ubicar no noso territorio; manifestando unha oposición frontal aos mesmos”. Unha reunión mantida diante da saída a información pública dos parques Caíño e Brancellao, este último cun aeroxerador afectando ao municipio de Frades pero que xa recibiu o correspondente informe desfavorable da Xunta. O Concello de Frades estivo representado por Manuel Ferreiro Marzoa, concelleiro de Economía, quen lembrou que xa ten manifestado en varias ocasións a súa oposición e que dende 2019 mantén un acordo co resto de alcaldes da comarca de Ordes. arca