Frades solicita unha maior seguridade viaria na vila

seguridade viaria
Claudina Estévez
Imaxe da ponte sobre o Tambre. Foto: C. Frades

Frades. O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade a proposta do alcalde, Roberto Rey, de esixirlle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a “inmediata realización” de melloras na ponte sobre o Tambre e na N-634 ao seu paso pola localidade de Ponte Carreira. Unha petición fundamentada nun informe da arquitecta municipal que denuncia que o tramo urbano de Ponte Carreira presenta numerosos atrancos “que dificultan o tránsito pola mesma, así como problemas de seguridade viaria tanto para os vehículos como para os peóns”. Neste sentido, o Concello alerta de que “a ponte vella que cruza o río Tambre entre O Pino e Frades se atopa en mal estado de conservación e con moita maleza”. C.E.