Gómez Noya divulga o Camiño Inglés nun vídeo

Camino inglés
M. Outeiro
Javier Gómez Noya no vídeo promocional ‘Sinte a chamada do Camiño Inglés’. Foto: Deputación

oroso. Despois da presentación o pasado mes do vídeo promocional Sinte a chamada do Camiño Inglés, cuxa asociación preside o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, vense de estrear a versión extendida (máis de sete minutos) dunha filmación onde o popular triatleta Gómez Noya percorre algúns dos lugares máis sinalados nesta Ruta, incluíndo as zonas verdes orosás ou a ponte interprovincial con Santiago. Ao fío desta iniciativa, que acumula centos de entradas e inclúe unha versión en inglés, Mirás lembraba no seu día que “temos ás portas un ilusionante Ano Santo Xacobeo, o primeiro que afronta esta asociación. E estamos convencidos de que temos nas nosas mans un diamante en bruto que pode converterse nunha importante fonte de ingresos para os veciños”. Pola súa banda, Javier Gómez apuntaba que a gravación do vídeo “deume a oportunidade de facer parte do Camiño Inglés, puiden gozar dalgúns dos sitios máis emblemáticos”. m.o.