Inscríbense máis de cen aspirantes a tres prazas de peóns en dous concellos

Empleo
El Correo Gallego
É necesario ter experiencia previa

TOURO/ O PINO. O Concello do Pino vén de informar a través das redes sociais municipais dunha oferta de traballo como peón en procesos produtivos para unha fábrica ubicada entre O Pino e Touro que precisa incrementar persoal polo aumento da produción. A través da páxina de eurofirms pode verse que xa hai 102 persoas inscritas. O posto de traballo, segundo explican dende a web, consiste na selección manual da materia prima, alimentación en liña de produción, seguimento do control do proceso produtivo, extracción do produto acabado, ensacado do produto final e tarefas básicas de mantemento industrial. É necesario ter experiencia como peón e valorarase o manexo da carretilla e a posibilidade de incorporación inmediata. Todos os interesados pode inscribirse na oferta a través de secure.eurofirms.es. a.p.