Instan ao goberno arzúan a aprobar a proposta do BNG para arrranxar pistas

Vías
ARCA
Carril na visita que fixo a parroquia de Oíns

Arzúa. O portavoz municipal do BNG no Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, insta ao alcalde a “que teña en conta a proposta feita polo BNG no proceso de aprobación dos orzamentos 2021 para elaborar un plan de arranxo de pistas serio e rigoroso e que teña en conta as veciñas e veciños” explicou o voceiro nacionalista. “Naquela altura o alcalde rexeitou esta proposta e mesmo se mofou da mesma, cando desde o Bloque denunciamos o grave deterioro que presentaba o viario municipal e que era necesario planificar o seu arranxo” sinala o concelleiro.

Carril denuncia que “moitas das pistas non aguantan nin un inverno arranxadas, porque este goberno municipal deixounas deteriorar tanto que agora os remendos que pretende facer nalgunhas non son suficientes”, explicou o portavoz da formación nacionalista ao fío das propostas para o bacheo dalgunhas estradas que o goberno levará ao pleno. arca