Kote Malabar divirte aos máis pequenos de Touro

Verán
Claudina Estévez
Un momento da función de Kote Malabar. Foto: C. de Touro

TOURO. A rapazada do Verán Lúdico de Touro despediu o mes de xullo co Cirkote de Kote Malabar. Os nenos participantes nesta actividade organizada polo Concello durante os meses de vacacións achegáronse ata as pistas de deportes da zona de servizos, xunto á Praza do Luar, para desfrutar desta función que combinou circo, clown e teatro cómico e de participación. O Verán Lúdico continuará ata o día 31 de agosto, aínda que con menos participantes. Entre as actividades programadas están obradoiros lúdico-formativos e xogos de auga. C. E.