Licitan a senda orosá que unirá Baxoia e Bouzalonga

Seguridad vial
ECG
Treito orosán polo que van facer a nova senda que unirá Baxoia con Bouzalonga. Foto: CDO

Oroso. O Concello de Oroso saca a licitación a senda peonil que unirá Baxoia con Bouzalonga, tras recibir autorización e por un orzamento de 178.000 euros. O seu obxecto é mellorar a comunicación e a seguridade viaria, tanto dos peóns como dos vehículos, nun tramo moi utilizado polos veciños.

“Despois de moitas xestións e moitas complicacións administrativas coas autorizacións para impulsar a senda, por fin podemos licitar unha obra moi demandada polos veciños e que era prioritaria para o noso grupo de goberno”, explica Luis Rey Villaverde, rexedor orosán, cuxo municipio ampliará así unha extensa rede de sendas no rural (vén de rematarse a de Oroso Pequeno ao parque do río Carboeiro e está licitada a de Marzoa, por máis de 200.000 euros).

“É unha satisfacción que estes proxectos saian adiante, xa que reflicten o noso compromiso co rural e coas parroquias de Oroso, cumprindo a nosa palabra cos veciños”, engade Rey. ECG