Máis de 150 persoas na Festa de Samaín de Touro

Samaín
Claudina Estévez
Foto de grupo cos asistentes á Festa de Samaín na casa da cultura de Touro. Foto: C. Touro

TOURO. Os pequenos e pequenas de Touro desfrutaron na tarde do 31 da Festa de Samaín que organizou o Concello na casa da cultura. Arredor de 150 persoas, entre maiores e nenos, desfrutaron do evento, que contou con música, baile, maquillaxe, obradoiros e chocolatada. Previamente, tamén se desenvolveron dous obradoiros relacionados con este festexo: un de pintado de cabazas e outro de creación de máscaras. Dúas actividades coas que os máis pequenos da casa puideron sacar a relucir toda a súa creatividade antes do gran día. C.E.